Capítulo 5. Preguntas frecuentes

5.1. Podo redirixir as naves unha vez que saian dun planeta?
5.2. Significan algo as cores e formas dos planetas?
5.3. Como sei onde están as miñas naves?
5.4. Perdín todos os meus planetas mais aínda estou no xogo. Por que?
5.5. Non me quedan roldas que xogar, que podo facer?
5.6. Podo almacenar naves nun planeta para empregalas máis tarde?
5.7. Enviei todas as naves que había nun planeta mais cando movo o rato por riba del mostra que as naves aínda están alí. Por que?
5.8. É posíbel modificar o tema?

5.1.

Podo redirixir as naves unha vez que saian dun planeta?

Non, unha vez que as naves saen dun planeta non se poden deter ou redirixir.

5.2.

Significan algo as cores e formas dos planetas?

Non, son ao chou.

5.3.

Como sei onde están as miñas naves?

Preme Mostrar a situación. Dá información sobre as frotas que están en voo.

5.4.

Perdín todos os meus planetas mais aínda estou no xogo. Por que?

Non se perde a partida até ter perdidas todas as naves.

5.5.

Non me quedan roldas que xogar, que podo facer?

Podes continuar a xogar. Cando chegues á derradeira rolda háseche pedir se queres engadir máis.

5.6.

Podo almacenar naves nun planeta para empregalas máis tarde?

Si. Porén, deberíalas almacenar en varios planetas para podelas enviar a planetas próximos.

5.7.

Enviei todas as naves que había nun planeta mais cando movo o rato por riba del mostra que as naves aínda están alí. Por que?

O número de naves sobre cada planeta actualízase cando remata unha rolda.

5.8.

É posíbel modificar o tema?

Non, de momento non é posíbel.