Axuste dos roteiros

O Marble permite modificar varios aspectos do roteiro para axustalo: Mudar as opcións da ruta, inserir puntos de paso, mover ou eliminar os puntos existetnes. A modificación das opcións das rutas tratouse xa na sección anterior; concentrarémonos agora na xestión dos puntos.

A inserción dos puntos de paso faise arrastrando e soltando no mapa. Cada vez que se move o punteiro do rato por riba de calquera parte do roteiro (excepto por riba dos puntos de viaxe existentes) aparece unha icona dunha bandeira verde para indicar que é posíbel inserir un punto de paso. Para iniciar a operación de inserción, prema co botón esquerdo do rato Mova o punteiro do rato á nova posición desexada mentres mantén premido o botón esquerdo do rato. Aparecen liñas azuis á nova posición desde os puntos de paso viciños.

Inserción dun punto de paso no Marble

O novo punto de paso insírese entre os puntos de paso viciños ao soltar o botón esquerdo do rato. Ao mesmo tempo, o roteiro existente píntase con puntos para indicar que contén información anticuada. No fondo estase a preparar unha ruta nova que vai substituír automaticamente a que está anticuada.

Tamén é posíbel engadir puntos de paso antes do inicio ou despois do remate do roteiro. Para iso, siga as instrucións anteriores para inserir un punto de paso novo mais prema Ctrl mentres move o rato. Aparece unha liña azul desde o inicio ou final do roteiro. A súa orixe indica a onde se vai engadir o novo punto de paso.

Os puntos de paso existentes pódense mover libremente polo mapa. Mova o punteiro do rato por riba dun punto de paso e arrástreo ao sitio novo. Cando o solte, o roteiro actualízase automaticamente.

Para excluír puntos de paso dun roteiro, elimíneos. Pódese facer tanto co botón Eliminar que hai a carón do campo de entrada de texto do punto de paso ou premendo co botón dereito do rato no punto de paso no mapa. No menú de contexto, escolla Eliminar este destino. Para iniciar un roteiro completamente novo, elimine todos os puntos de paso.