Configuración da caché e o proxy

O diálogo de configuración Caché e proxy
Caché

O Marble fai uso de dúas memorias caché. A memoria física, que é precisa para manter os datos do mapa na memoria do computador. Incrementar o seu valor fai que o aplicativo responda mellor. A caché de memoria do disco úsase para descargar os contidos da Internet (isto é datos da Wikipedia ou datos de mapas). Aumente este valor se desexa aforrar espazo do disco e se usar moito a Internet non é problema.

Proxy

Configuración do proxy da intranet local. Déixeo en branco de non haber proxy.