WebDAV é un protocolo Distribuido de Autoría e Versións para a Worl Wide Web. Permítelle xestionar dun xeito sinxelo os documentos e scripts dun servidor http, e ten funcionalidades adicionais deseñadas para simplificar a xestión de versións entre múltiplos autores.
Empregar este protocolo é sinxelo. Escriba o lugar que quere ver, de xeito similar a un URL http excepto en que o nome do protocolo webdav:// irá ao comezo. Por exemplo webdav://
. Se indica un nome de cartafol, mostrarase unha lista de ficheiros e cartafoles, e poderá manipular eses cartafoles e ficheiros como faría en calquera outro sistema de ficheiros.www.servidor.com/ruta
Funcionalidade de WebDAV
- Bloqueo
O bloqueo de ficheiros permítelle aos usuarios trancar un ficheiro, informando aos outros que estean a traballar nel. Deste xeito, pode editar sen temer que os cambios sexan sobrescritos por outras persoa que tamén estea a editar o mesmo documento.
- Acceso a ficheiros fonte
WebDAV permítelle accedes ao script que se chama para producir unha páxina específica, polo que poderá facer cambios no script en si.
- Funcionalidade de propiedades para cada documento
Pode estabelecer propiedades arbitrarias para axudar á identificación dun documento, por exemplo o autor.
Para beneficiarse destas funcionalidades adicionais, precisará dun aplicativo que as forneza. Actualmente non hai ningún aplicativo que as forneza mediante este kioslave.
WebDAVS é o protocolo WebDAV cifrado mediante SSL.