http / https
http é o HyperText Transfer Protocol.
O kioslave http é empregado por todos os aplicativos de KDE para xestionar as conexóns con servidores http, é dicir, servidores web. O uso máis común é ver páxinas web no navegador Konqueror.
Pode empregar o kioslave http en Konqueror dándolle un URL. http://
.www.kde.org
https é http encapsulado nunha transmisión SSL/TLS.
SSL é o protocolo Secure Sockets Layer, un protocolo de seguridade que fornece privacidade ás comunicacións en internet. Este protocolo permite que os aplicativos cliente/servidor se comuniquen dun xeito deseñado para previr a escoita, falsificación e a alteración das comunicacións.
TLS significa Transport Layer Security.