
Xz é un programa de compresión
O kioslave xz non é utilizábel directamente, senón que se deseñou para usarse como un filtro. Por exemplo, o kioslave tar pode filtrar un ficheiro a través deste kioslave para mostrar o contido dun ficheiro tar.lzma
ou tar.xz
directamente nunha xanela de Konqueror.
Se en Konqueror preme nun ficheiro comprimido con .lzma
ou tar.xz
úsase este kioslave para descomprimilo e mostralo como un ficheiro normal (sen comprimir).
Se vde. é un desenvolvedor e desexa empregar o filtro xz, ha atopar máis documentación sobre o uso dos kioslaves en http://techbase.kde.org
Consulte o manual: xz.