
Mediante o ioslave man pode ler as páxinas de manual que teña instaladas no sistema. É doado de empregar:
man:
Consulta as seccións do manual, prema para atopar o resto.
man:/
fopen
Consulta a páxina de manual de fopen.
man:/
fopen(3)
Consulta a páxina de manual de fopen na sección 3.
man:/
(3)
Consulta o índice da sección 3.
man:/intro
(3)
Consulta a introdución da sección 3.
Nota
Se hai máis dunha páxina para o nome que inserise, obterá unha lista onde poderá escoller a páxina de manual que quere ver.
Tamén hai un atallo: #fopen
, que ten o mesmo efecto antes descrito.
Se non atopa todas as páxinas man, axuste o ficheiro de configuración /etc/manpath.config
(ou un ficheiro ou nome similar en función da distribución) ou axuste as variábeis de ambiente MANPATH
e MANSELECT
.
Igual que con calquera outro ioslave de KDE, é posíbel inserir un URL, como man:/socket
en calquera aplicativo de KDE. Próbeo en KWrite e verá a páxina do manual en formato HTML.
Lista de correo para contactar: (kde-devel kde.org)