webdav / webdavs

Hamish Rodda

Tradutor do proxecto Trasno: Marce Villarino

WebDAV é un protocolo Distribuido de Autoría e Versións para a Worl Wide Web. Permítelle xestionar dun xeito sinxelo os documentos e scripts dun servidor http, e ten funcionalidades adicionais deseñadas para simplificar a xestión de versións entre múltiplos autores.

Empregar este protocolo é sinxelo. Escriba o lugar que quere ver, de xeito similar a un URL http excepto en que o nome do protocolo webdav:// irá ao comezo. Por exemplo webdav://www.servidor.com/ruta. Se indica un nome de cartafol, mostrarase unha lista de ficheiros e cartafoles, e poderá manipular eses cartafoles e ficheiros como faría en calquera outro sistema de ficheiros.

Funcionalidade de WebDAV

Bloqueo

O bloqueo de ficheiros permítelle aos usuarios trancar un ficheiro, informando aos outros que estean a traballar nel. Deste xeito, pode editar sen temer que os cambios sexan sobrescritos por outras persoa que tamén estea a editar o mesmo documento.

Acceso a ficheiros fonte

WebDAV permítelle accedes ao script que se chama para producir unha páxina específica, polo que poderá facer cambios no script en si.

Funcionalidade de propiedades para cada documento

Pode estabelecer propiedades arbitrarias para axudar á identificación dun documento, por exemplo o autor.

Para beneficiarse destas funcionalidades adicionais, precisará dun aplicativo que as forneza. Actualmente non hai ningún aplicativo que as forneza mediante este kioslave.

WebDAVS é o protocolo WebDAV cifrado mediante SSL.