FTP

Lauri Watts

Tradutor do proxecto Trasno: Marce Villarino

FTP é o servizo de internet empregado para transferir ficheiros de datos desde o disco dun computador ao doutro, con independencia do sistema operativo.

Ao igual que outros aplicativos de internet, FTP emprega a arquitectura cliente-servidor, un usuario chama a un programa de FTP no computador, ordénalle contactar cun computador remoto, e logo pide a transferencia dun ou máis ficheiros. O programa local de FTP convértese nun cliente que emprega TCP para contactar cun programa servidor de FTP no computador remoto. Cada vez que o usuario pide unha transferencia, o os programas cliente e o servidor cooperan para enviar unha copia dos datos através de internet.

Os servidores de FTP que admiten « FTP anónimo » permiten que calquera usuario, non só os que teñan conta no servidor, examinen os arquivod « ftp » e descarguen ficheiros. Algúns servidores FTP están configurados para permitir que os usuarios envíen ficheiros.

FTP é empregado con frecuencia para recuperar información e obter software gardado en ficheiros en sitios de arquivo FTP por todo o mundo.

Fonte: Adaptado de http://tlc.nlm.nih.gov/resources/tutorials/internetdistlrn/ftpdef.htm

Consulte o manual: ftp.