xz / lzma

Per Øyvind Karlsen

Proxecto Trasno: Marce Villarino

Xz é un programa de compresión

O kioslave xz non é utilizábel directamente, senón que se deseñou para usarse como un filtro. Por exemplo, o kioslave tar pode filtrar un ficheiro a través deste kioslave para mostrar o contido dun ficheiro tar.lzma ou tar.xz directamente nunha xanela de Konqueror.

Se en Konqueror preme nun ficheiro comprimido con .lzma ou tar.xz úsase este kioslave para descomprimilo e mostralo como un ficheiro normal (sen comprimir).

Se vde. é un desenvolvedor e desexa empregar o filtro xz, ha atopar máis documentación sobre o uso dos kioslaves en http://techbase.kde.org

Consulte o manual: xz.