nfs

Lauri Watts

Tradutor do proxecto Trasno: Marce Villarino

O protocolo NFS de Sun fornece de acceso remoto transparente a sistemas de ficheiros compartidos pola rede. O protocolo NFS está deseñado para ser independente da máquina, sistema operativo, arquitectura de rede e protocolo de transporte. Esta independencia acádase mediante a utilizacion de primitivas de Chamadas a Procedementos Remotos (RPC) construidas sobr unha Representación de Datos eXterna (XDR).

O protocolo de apoio MOUNT realiza as funcións específicas do sistema operativo que permite que os clientes conecten coas árbores de cartafoles remotos nun punto do sistema de ficheiros local. O proceso de montaxe tamén permite que o servidor garante privilexios de acceso a un conxunto limitado de clientes mediante control da exportación.

O Xestor de Bloqueos fornece a funcionalidade de bloquear ficheiros cando se emprega no ambiente NFS. O protocolo do Xestor de Bloqueo da Rede (NLM) illa os aspectos do bloqueo de ficheiros que implican a existencia dun estado nun protocolo á parte.

Fonte: http://www.networksorcery.com/enp/protocol/nfs.htm

Consulte o manual: nfs.