Man

Lauri Watts

Nicolas Goutte

Tradutor do proxecto Trasno: Marce Villarino

Mediante o ioslave man pode ler as páxinas de manual que teña instaladas no sistema. É doado de empregar:

man:

Consulta as seccións do manual, prema para atopar o resto.

man:/fopen

Consulta a páxina de manual de fopen.

man:/fopen(3)

Consulta a páxina de manual de fopen na sección 3.

man:/(3)

Consulta o índice da sección 3.

man:/intro(3)

Consulta a introdución da sección 3.

Nota

Se hai máis dunha páxina para o nome que inserise, obterá unha lista onde poderá escoller a páxina de manual que quere ver.

Tamén hai un atallo: #fopen, que ten o mesmo efecto antes descrito.

Se non atopa todas as páxinas man, axuste o ficheiro de configuración /etc/manpath.config (ou un ficheiro ou nome similar en función da distribución) ou axuste as variábeis de ambiente MANPATH e MANSELECT.

Igual que con calquera outro ioslave de KDE, é posíbel inserir un URL, como man:/socket en calquera aplicativo de KDE. Próbeo en KWrite e verá a páxina do manual en formato HTML.

Lista de correo para contactar: