O espazo de traballo do Cantor

Captura de pantalla do espazo de traballo do Cantor

A interface da ficha do Cantor consiste en tres partes:

  1. A barra de lapelas, na que se pode alternar entre as fichas abertas;

  2. Un panel de axuda que mostra axuda para unha orde determinada cando se introduce a orde "?";

  3. A ficha en si.

A ficha

A ficha é a área de traballo básica do Cantor. Nela pódense introducir expresións, permitir que a infraestrutura realice os cálculos e ver os resultados. As ordes que acepta a folla de traballo dependen da infraestrutura escollida, polo que hai que aprender a sintaxe correspondente a cada infraestrutura (o menú Mostrar a axuda leva alí directamente). Se sabes a orde mais precisas axuda adicional, podes escribir a orde "?" e a axuda de contexto aparece á dereita da ficha. Se quixeres ver algunhas fichas de exemplo, podes ir a Descargar fichas de exemplo no menú Ficheiro e descargar ficheiros que outras persoas publicasen.

Configuración

O menú Configuración permite mudar algunhas opcións da aparencia da ficha na que esteas a traballar.

Typesetting using LaTeX

This setting changes the way results are presented to you. If enabled, it passes the result through the LaTeX system, to produce visually appealing formulas. For example, « 3*x^2*sqrt(2)*x+2/3 » becomes 3*x^2*sqrt(2)*x+2/3

Realce da sintaxe

Syntax Highlighting increases the readability of code, by highlighting Keywords, or matching brackets in different colors.

Completado

Cando se activa isto, o Cantor mostra as posíbeis maneiras de completar a orde que estás a escribir se premes a tecla TAB. Se só fica unha escolla, insire automaticamente o resto da orde.

Números de liña

Esta opción controla se as diferentes expresións teñen un número diante. Isto permite reutilizar resultados previos - no Maxima, por exemplo, isto faise coa orde « %01 ».